a nosa escola
Benvid@ a Escola Sangña Yoga, e moitas gracias polo teu interese e a tua atención.
A Escola leva máis de dez anos presente en Pontevedra, dende o 2010 da man de Mercedes Rosas, Devaki. E a partir do ano 2020 toma o relevo Lorena Lago, Sangña.
Na Escola se leva impartindo a Ciencia do Yoga ininterrupidamente con clases semanais, prácticas de Asanas asequibles a todo a xente, exercicios de respiración que nos axudan a alcanzar un estado de equilibrio emocional, e Meditación que nos permite ter claridade mental. Creado así entre tod@s un espacio de paz e benestar. Onde poder compartir, aprender, vivenciar e crecer xunt@s.
Tamén se imparten diferentes cursos e obradoiros, todos eles relacionados co autocoñecemento e o equilibrio, fisico, emocional e mental.
O obxetivo principal da Escola e o de despertar a Luz da Conciencia, para que nos guíe a alcanzar a Meta, o Yoga, o Estado de Unión Consciente coa máis pura esencia de nos mesm@s.
A Escola Sangña Yoga pertence e gran familia de Escolas de Yoga Sanatana Dharma, ésta familia está formada por un gran grupo de persoas de todo tipo e condición. Todos diferentes pero con algo en común, atopar respostas coherentes e racionais, inspiradas nun anhelo interior de descubrir o sentido da vida.
Manuel Paz Macazaga (Madhava) e o Mestre e fundador de Sanatana Dharma. Discipulo de Swami Vishnu Devananda e continuador da transmisión Guru-Kala que se transmite de Mestre a Discipulo.
Madhava construi un sistema sinxelo e lóxico e progresivo de achegamento a “Unión Consciente coa Esencia dun mesmo”.
e s c o l a s a n g ñ a y o g a