proxecto

xestión emocional a través da respiración

Este proxecto o estamos levando a cabo en distintos Institutos de Educación Secundaria da provincia de Pontevedra, cunha gran aceptación por parte dos centros e moi bos resultados co alumnado.

 

Desenvolvemos o noso servicio en colaboración cos centros, axustandonos a suas necesidades.


a xestión emocional

A xestión emocional é un conxunto de procesos psicolóxicos que nos permiten identificar e modular as nosas emocións.

A adolescencia e un período marcado por multitude de cambios físicos e psicolóxicos. Diferentes estudos suxiren que os altos niveis de ansiedade poderían afectar ó rendemento académico e ó benestar psicosocial en adolescentes.

 

O obxetivo deste traballo é levar a cabo un programa para o desenvolvemento de habilidades socio-emocionais, co fin de reducir a ansiedade nos rapaces.


as competencias básicas da respiración

A respiración marca toda a nosa existencia: é o máis primario, o máis elemental. Ao ser a función máis básica e tamén a máis determinante, é a que máis directamente condiciona as nosas vivencias de todo tipo.

 

A conciencia respiratoria e o coñecemento de técnicas de respiración, permite facernos máis conscientes do noso estado emocional aportando recursos para xestionar as nosas emocións, e así poder dar novas respostas ás situacións que vivimos.

  Unha respiración ampla e profunda, consciente, repercute en todo o corpo-mente, armonizando todalas sua

   funcións e xerando un estado de relaxación, benestar, serenidade, vitalidade e equilibrio.


obxetivos dos obradoiros

Ter unha percepción clara dos efectos beneficiosos da respiración consciente e dirixida. Identificar  estados emocionais insanos, recoñecer os efectos da ansiedade, medo, estres, ira.. e ter ferramentas para cambiar ese estado insano a un estado emocional sano.

Acadar recursos para que non @s condicione o entorno

 

  • Ter claro o como se sinten consigo mesm@s e co que lles rodea.
  • Ter unha visión máis clara da realidade.
  • Autocoñecemento e valoración positiva de si mesm@s.
  • Experimentar actitudes e emocións saudables e positivas e recollecelas como unha parte importante del@s mesm@s.
  • Expresar o mellor de si mesm@s
  • Gravar esa actitudes saudables no subconsciente para cambiar patróns mecánicos de comportamento insano.

e s c o l a   s a n g ñ a   y o g a



Lorena Lago Álvarez

lorenasangna@gmail.com

sangnayoga@gmail.com

Telefono: 605 479 650